A Concellería de Medio Ambiente de Vigo e Vigozoo teñen previsto desenvolver unha programación centrada na vida nocturna da fauna no noso entorno e en como se ve o ceo de Vigo no inverno. O sábado 22 pola tarde para familias con menores entre 6 e 12 anos; os días 26, 27 e/ou 28, pola mañá, para menores entre 6 e 12 anos.Entre as actividades previstas están: o fantástico mundo dos morcegos e outro animais nocturnos (visita ao Noturama), o ceo de Vigo no inverno (o sábado farase observación nocturna), como afecta á fauna a contaminación lumínica, etc.A programación será coordinada pola Fundación Ceo, Ciencia e Cultura, e a inscrición está aberta ata o xoves 20 de decembro (986267783 -de 11 a18- ou no correo taquilla.vigozoo@vigo.org)