ACTIVIDADES ESPECIAIS

Noites astronómicas

NOITES ASTRONÓMICAS. Consiste na observación directa do ceo nocturno de Vigo dende a azotea do edificio de usos múltiples de VigoNature. Hai dous horarios dependendo do mes de realización (de 22:30 a 00:30 horas nos meses de xuño e xullo e de 22:00 a 00:00 horas no mes de agosto). O público poderá coñecer e observar directamente os distintos asterísmos e constelacións que se poden observar nas nosas latitudes nesta época do ano, e incluso co axuda dun planisferio portátil, ver como cambia a disposición do ceo durante cada estación do ano. En caso de malas condicións meteorolóxicas esta actividade se poderá realizar dentro do edificio de forma virtual. As datas son o 8, 15, 19 de xuño, o 6, 10, 13, 27, 31 de xullo e o 3, 7, 10, 24, 28, 31 de agosto. O prezo desta actividade é de 6 € por participante e inclúe un chocolate quente. Hai un máximo de 25 participantes por sesión.

Esta actividade clásica consiste na observación directa deste fenómeno astronómico que se repite cada ano, e VigoNature conforma un marco incomparable de observación. As perseidas, popularmente coñecidas coma lágrimas de San Lorenzo son unha intensa choiva de meteoros anual que acontece nos meses de xullo e agosto. O momento máis álxido terá lugar o luns 12 de agosto de 22:30 a 00:00 horas. O prezo da mesma é de 6 € por participante e tamén inclúe un chocolate quente. Hai un aforo máximo de 50 participantes.

Vindeiras actividades…

SÁBADO

DOMINGO

TIPOS DE ACTIVIDADES E IDADES RECOMENDADAS

Entradas