O cambio climático é un desastre, un feito obvio que xa está aquí, pero… Viu para quedarse?, É reversible?, e sobre todo, Que podo facer eu? Serve de algo esforzarse por deixar un planeta mellor aos nosos fillos?, ou tal vez sería máis preciso deixarlle uns fillos mellores ao noso planeta?
Na conferencia intentarase respostar a estas e outras cuestións actuáis dende un punto de vista global, a vista de paxaro, dando una visión nova da sostibilidade ecolóxica e social.
Rematarase facendo un exercicio de reflexión e avaliación persoal para medir se cada un imos ou non polo bo camiño e como se pode mellorar.