Hoxe presentámosvos unha orquídea moi “corrente”, a “ orquídea bolboreta”, como tamén se chaman os Phalaenopsis. Estas bellísimas plantas do Suroeste de Asia son as orquídeas máis habituais para nós e moi presentes nas nosas vidas. Adorables as súas grandes flores de case infinitas combinacións de cores e deseños. Intensos, e de longa duración a súa floración. E despois de máis que 4 meses de floración e un mes de repouso volveron a abrir. Asi, compartiremos estes magnificas flores convosco.
Unha cousa que sempre me pregunta a xente: Como se consegue que volvan florecer? A parte de que moitas non sobreviven os nosos coidados.
O primeiro é atopar o sitio adecuado. Claridade, sen sol directo, por exemplo de tras dunha xanela ao norte, ou de tras de calquera outra xanela cunha fina cortina. Sempre cunha temperatura agradable, de 20 a 25º C. Excepto no inverno, pero iso logo.
Despois hai que axustar a rega. De Marzo a Novembro, ambos inclusive, unha vez por semana regar a planta e deixala escurrir. Nunca deixala a remollo. Nestes meses alternamos a rega entre auga e auga con abono liquido.
E que pasa no inverno? Iso é o momento de repouso, con claridade, pero temperaturas máis baixas, sobre 15º C, por exemplo onde temos a lavadora, ou unha habitación fresca. Nestas condicións é importante deixar a planta en seco, pulverizar o substrato unha vez ao mes. Ese tempo de repouso provoca novas floracións.
Ademais, non debemos cortar o talo cando todas as flores caeron. Moitas veces volven florecer, tal como fixérono as nosas.
Ver Galería