Dende Vigozoo informamos que este ano 2018 non celebraremos o día de portas abertas o vindeiro 28 de marzo. A razón para a supresión de dita celebración obedece a criterios técnicos co fin de evitar molestias aos animais, e garantir a súa tranquilidade e benestar.
A enorme cantidade de público que se congregou nas instalacións de Vigozoo nesta data en anos anteriores motivou esta decisión.
Debemos lembrar que Vigozoo na actualidade está reforzando a súa posición como centro de acollida e recuperación de animais enmarcado nun proxecto de Educación Ambiental, e moitos exemplares que se poden observar nas instalacións foron vítimas de malos tratos ou proveñen de centros de recuperación, polo que precisan dun ambiente tranquilo. Deste xeito, a concentración de tantos visitantes nun so día pode ocasionar molestias aos animais e afectar a súa saúde, causa principal pola que se toma esta medida.