Son tremendas, as Vandas. Intensas, en cor e crecemento. Para estar ben reclaman cantidade de luz, alta temperatura e moita humidade. Logo dan estes flores enormes, azuis, laranxa, rosa, vermella, ou jaspeada.
Son do Sueste de Asia, en Indonesia é a flor máis cultivada. É epífita ou litófita, iso quere dicir que crece encima de árbores ou rocas. E a verdade é que se as condicións de luz, humidade e temperatura son as adecuadas non necesita ningún substrato para crecer, literalmente crece colgada no aíre. As súas raíces están cubertas dunha substancia chamada velamen, a cal se pon branca a medida que a raíz se seca, protexendo así a verdadeira raíz que vai por dentro e que contén clorofila. En canto a raíz está humedecida ponse verde e participa na tarefa da fotosíntesis.
É un espectáculo cando está en flor. Nas fotos podedes velas. E en directo tedes a oportunidade durante os talleres sobre o cultivo das orquídeas os días 8 e 15 de decembro.