RÉPTILES
TARTARUGA PINTADA DE BOSQUE
Rhinoclemmys pulcherrima
Nosas tartarugas dragón, nome polo que tamén son coñecidas, proceden de cesións de particulares, unha no ano 2016, trás 7 anos como mascota e a outra en 2020, que por circunstancias persoais obrigaron aos seus propietarios a buscarlles un novo fogar. Están aloxadas na instalación con representación de especies do continente Americano, na planta "0" do noso Exotarium, como son as iguanas e a tartaruga carboeira, contribuíndo á difusión e posta en valor desta especie a través do noso programa de educación e concienciación ambiental.
Alimentación
É unha especie omnívora, alimentándose de vexetais como froitas e verduras, invertebrados como grilos, vermes, e tamén inclúe a súa dieta carne con baixo contido en grasa. Na natureza mesmo pode comer carroña.
Hábitat
Distribúese por algunhas zonas de México, Guatemala, O Salvador, Honduras, Nicaragua e Costa Rica. Vive en bosques con cursos de auga e selvas húmidas.