TARÁNTULA CEBRA DE COSTA RICA
Aphonopelma seemani
As arañas poden producir fío grazas a que posúen un complexo aparello que está constituído por unhas glándulas que producen unha substancia líquida que en contacto co aire endurécese ata formar os fíos. Hai distintintos tipos de glándulas, en función do tipo de fío que sexa necesario producir.
Debido á ausencia de oído e a unha vista pouco evolucionada, as arañas desenvolveron unha gran sensibilidade ás vibracións e aos movementos de aire grazas aos abundantes pelos (chamados sedas) que cobren o seu corpo.
As femias poden vivir entre 10 e 30 anos e os machos uns 4 anos dependendo da especie; isto débese a que o macho ao alcanzar a madurez sexual cesa de mudar mentres que a femia continúa mudando. Aínda que esta especie é coñecida polo seu crecemento excesivamente lento: unha femia pode chegar a facer a muda cada dous anos.
Descrición
É de cor negra con raias de cor branca crema das patas as cales lle dan o nome de cebra. A femia é máis grande que o macho. Ten nas súas patas unha “arma segreda” que lle permite adherirse a calquera tipo de superficies. O mecanismo consiste, en estruturas microscópicas en forma de boca para fóra, que segregan un filamento viscoso parecido á seda. Isto evítalle escorregar e caer (algunhas caídas serían mortais).
É unha tarántula de hábitos terrestres que escarba e móvese con moita rapidez. Os seus tobos poden alcanzar os 12,5cm. de profundidade, ocultando a entrada con follas coidadosamente.
Alimentación
Aliméntase de presas vivas, principalmente grilos e escaravellos, ocasionalmente os adultos poden capturar pequenos roedores.
Hábitat
Orixinaria de Costa Rica, vive no bosque tropical e praderías semi-húmidas, oculta en tobos baixo troncos e plantas. Tamén se atopa en Nicaragua e Guatemala.