INSECTO FOLLA XIGANTE
Phyllium giganteum
Pertencen á orde dos insectos pau ( Phasmatodea). Esta especie consiste só de femias. Atopáronse dous especímenes mortos de machos de Phyllium giganteum en museos, pero como estes nunca foron vistos vivos ou probados en canto á súa capacidade reprodutiva, non queda claro que papel teñen os machos nas poboacións naturais desta especie. As femias poñerán ovos sen fertilizar, o que dará lugar a novas femias.
Descrición
Caracterízase pola sorprendente capacidade de camuflaxe, simulando a unha folla grande e ancha, podendo alcanzar os 12 cm.
As patas teñen apéndices que fan que parezan follas. A pel é de cor verde con manchas marróns ao redor dos bordos. Dous puntos marróns decoran a parte superior do abdome. O ton do verde e a cantidade de bordos e manchas marróns difiren entre os individuos e son de cor amarela verdoso.
Alimentación
Come follas de silvas e roseiras.
Habitat
Son de costumes nocturnos e vive nos bosques tropicais de Malaisia.
Status
Non listado polo IUCN