A partires de mediados deste mes de febreiro, os sábados, domingos e festivos en Vigozoo reinícianse as actividades educativas e divulgativas, de acceso libre e de balde que aportan un valor engadido e adicional á visita a parque. En total se están a planificar máis de 50 actividades planificadas agrupadas en varias categorías, enfocadas a todo o público, que se irán alterando mensualmente e que están contando cunha importante participación. Algunhas destas actividades xa se realizaron o ano pasado e contaron con moi boa participación, mentes que outras son de nova creación. Todas elas contan con prazas limitadas, sendo necesario unha inscrición previa. A continuación se detallan algunhas das mesmas:
Astronomía en familia.
Esta actividade consiste na realización de charlas temáticas de divulgación de astronomía, onde se dan a coñecer os distintos obxecto celestes do firmamento, o sistema solar, o sistema terra-lua, etc. Unhas pequenas pinceladas que tratan de achegar ao público familiar os amplos conceptos astronómicos e a ciencia dunha forma amena e divertida.
Novo planetario didáctico.
As actividades de planetario se renovan de forma integral coa estrea dun novo sistema de proxección esférico a alta resolución e novas audiovisuais, de forma que están dispoñibles máis de 10 novas audiovisuais a alta resolución para o público de todas as idades. Os participantes poderán descubrir dende as constelacións e o sistema solar ata a divulgación de materias coma a física, a bioloxía ou a arqueoloxía nun formato de inmersión e envolvente.
Actividades de enriquecemento ambiental.
As actividades de enriquecemento ambiental se duplican para esta tempada. Todas son moi importantes para os animais nos zoolóxicos, xa que melloran o seu benestar físico e psicolóxico. Basicamente o enriquecemento ambiental consiste en proporcionar estímulos ambientais que permiten aos animais desenvolver condutas específicas propias da súa especie e gozar dun ambiente pouco predecible, como ocorre no medio silvestre. Nestas actividades, os participantes axudarán a construír varios tipos de xoguetes alimenticios para as suricatas, lémures, llamas, burros, etc.) e observarán directamente o comportamento dos animais e a resposta aos distintos obxectos preparados.
O mundo dos artrópodos, réptiles e camuflaxe.
Este obradoiro tamén triplica as opcións. Neles os os participantes poderán manipular distintas especies destes grupos de animais bastante descoñecidos e non moi querido (arácnidos, grilos, insectos pao, escaravellos, serpes, lagartos, tartarugas etc.) e poderán observar as diferencias morfolóxicas, mudas e estruturas biolóxicas que fan deste grupo os campións da supervivencia no noso planeta e a base alimenticia que permite soster a biodiversidade en moitos ecosistemas naturais. No obradoiro do camuflaxe, se traballarán e observarán as distintas estratexias que empregan os animais para ocultarse ou para chamar a atención (mimetismo, aposematismo, camuflaxe, etc.).
Plantación e minidepuradora.
Como o seu nome indica, a plantación consiste no sementado de distintas especies de árbores que trata de promover e dar a coñecer ao público participante os pequenos xestos de conservación dos ecosistemas naturais. “Unha semente hoxe é unha árbore no día de mañá”. Ao mesmo tempo, aos participantes se lle inculca o papel dos árbores para a preservación da biodiversidade e como reguladores da humidade ambiental. De forma conxunta se fai a construción de pequenas depuradoras de auga con material reciclado, que mostran de forma moi simplificada o proceso de limpeza e filtración mecánica de augas turbias.
Obradoiros ambientais.
Estes obradoiros tamén duplican as súas opcións, no cal se oferta un adaptado ás especies do exterior do parque e outro centrado na fauna do exotarium, con distintos recursos e materias. Nestas activiades os asistentes coñecerán e manipularán distintos materiais biolóxicos procedentes das especies do parque (plumas, mudas de artrópodos, mudas de serpes, ovos, cornas, etc.) e recibirán pequenas explicacións da súa procedencia, curiosidades e datos dos mesmos, apoiado con presentacións audiovisuais e material impreso. Este material está constantemente renovándose procedente dos procesos biolóxicos naturais que acontecen no mundo animal. Complementando esta actividade se realzará unha pequena visita guiada coa fauna traballada na mesma.
Estación meteorolóxica.
O ano pasado no parque instalouse unha estación meteorolóxica que obtén en tempo real datos de humidade, temperatura máxima, mínima e promediada, choiva, insolación e velocidade e dirección de vento. Estes datos se gardan e almacenan con intervalos de 5 minutos para construír un rexistro histórico e divulgar posteriormente nas redes sociais. Nesta actividade o público terá acceso a estes datos e poderá coñecer as distintas variacións estacionais e diarias e comparalos cos datos do resto de estacións de Galicia e da península. Ademais coñecerán conceptos habituais no mundo da meteoroloxía coma as altas e baixas presións, como funcionan os frontes e borrascas, a dinámica meteorolóxica, as diferencias entre clima e meteoroloxía e como afecta o cambio climático nas dinámicas ambientais.
Obradoiro de lego saurios.
Outra actividade realizada o ano pasado que amplía os seu contidos. Consiste na divulgación do mundo dos lagartos e dar a coñecer as súas principais características, hábitats, clasificación, especies e ameazas de conservación. Empregando para elo distintos recursos, como é a realización dun obradoiro de montaxe de legos robóticos, presentación audiovisuais e visitas guiadas pola planta -1 do exotarium.
A pegada do tempo.
Neste caso se divulgará o mundo da paleontoloxía para o cal se realizará unha pequena escavación paleontolóxica simulada onde se limparán e clasificarán distintos tipos de réplicas de fósiles, xunto coa observación de fósiles reais, material impreso e audiovisuais de apoio.
Especies exóticas invasoras e aves rapaces irrecuperables.
Esta novas actividades tratan de achegar ao público a problemática das especies invasoras e dar a coñecer os mecanismos para o seu control e evitar a súa proliferación. No caso das aves irrecuperables, se darán a coñecer a súa procedencia, problemáticas, descrición de especies, anatomía e se apoiarán os contidos cun obradoiro de material biolóxico e cunha visita guiadad.
Fig.2: Detalle do cartel actividades educativas.
Visitas guiadas temáticas a público xeral.
As visitas guiadas ás instalación do exotarium son unha das novidades desta tempada. Neste caso se achegará ao público o mundo dos réptiles, anfibios, peixes e artrópodos por parte de guías especializados no coidado e manexo destes animais.
Alimentación de fauna.
Neste caso, se informa dos horarios de alimentación dos animais do exotarium (iguanas) e do nocturama (morcegos), de forma que o aporte de alimento das dietas dos animais o realiza o noso persoal en presencia do público, de forma que este poderá observar o comportamento e preferencias alimenticias dos animais.
De forma paulatina, outras novas actividades se irán creando e ofertando durante o ano para que o público visitante poida planificar e elixir entre as que máis lle interese asistir.