TULÍPERO

Liriodendron tulipifera

É unha árbore de grandes dimensións que pode chegar a medir 58m., caducifolio e de longa vida.
O tronco é recto con cortiza gris clara e con fisuras. A folla está formada por 4 lóbulos triangulares, moi distintos a calquera outro árbore, e cambia de verde a amarelo no outono.
As flores en forma de tulipán, crecen nos extremos das ramas illadas, son de cor amarela- verdoso, co centro alaranxado e dan lugar aos froitos que conteñen no interior as sementes. Estas flores ábrense a finais da primavera ou a principios de verán, tardan uns 25 anos en aparecer e nunca son realmente vistosas.

Habitat e Distribución

É nativo do leste de América do Norte. Pode vivir en chans ben drenados, profundos, húmidos e lixeiramente acedos, aínda que tolera os chans alcalinos e arcillosos. Non admite ben a sombra e necesita humidade ambiental elevada. Soporta o frío e a contaminación.

Usos e Costumes

A madeira chamada “madeira branca”, emprégase en América do Norte en carpintería de interiores. A cortiza interna da raíz é amarga e utilizouse como estimulante do corazón.


Entradas