parallax background

REPTILES

TEGÚ ARXENTINO

Salvator merianae

Estan situados nun terrario que representa un bioma de pradería semidesértica, un dos diversos hábitats que pode colonizar esta especie, xa que pódese atopar tamén desde as selvas chuviosas tropicais ata as áreas desérticas con invernos fríos, así como en ambientes acuáticos ou zonas afastadas por decenas de quilómetros dalgún corpo de auga. Refúxianse en covas escavadas por eles mesmos e son excelentes nadadores.

Bioma é un tipo particular de ecosistema que se caracterizan polo seu clima, o cal determina as plantas particulares que se atopan alí. O clima e as plantas nun bioma determinan, á súa vez, que animais viven nel.


Descrición

Lagarto robusto cunha extensa cola, ten a cabeza aplanada lateralmente, as patas traseiras son bastante longas.

Pode chegar aos 1,4 metros de lonxitude, sendo os machos normalmente máis grandes e de cores máis brillantes que as femias.

Aparte do maior tamaño, o macho diferénciase da femia por posuír un pescozo máis robusto en forma de papada.

Destacan no corpo varias bandas transversais compostas por manchas amarelas de diferente tamaño que chegan ata a punta da cola.

¡Descobre máis especies!
Alimentación

É unha especie omnívora, aliméntase de presas (aves, pequenos mamíferos, insectos, moluscos, peixes, anfibios, ovos) e de materia vexetal (froitos, herbas ou flores).

Hábitat

Especie moi xeral e adaptable, vive en selvas húmidas tropicais, sabanas, matogueira, ribeiras de ríos, praderías e zonas costeiras areosas dende Brasil, Bolivia, Paraguai, Uruguai e ata Arxentina.

Status

Catalogada pola UICN como preocupación menor (LC).

Aparece no apéndice II da CITIES.


Entradas