parallax background

RÉPTILES

SERPE DO MILLO

Panterophis guttatus

Nos nosos 6 exemplares adultos, situados nun único terrario pódense observar 4 patróns diferentes de coloración que dependen de mutacións xenéticas que codifican para a formación de pigmentos.

Dous exemplares de coloración normal, coa que é a forma nominal ou salvaxe ( a máis frecuente e datada no medio natural) que se caracteriza por unha combinación de tres cores, vermello ( carotenos), negro ( melanina) e amarelo ( xantofilas).

Dous exemplares amarelos ( fase butter), nos cales o animal non sintetiza pigmento negro nin vermello.

Un exemplar albino, no que o animal carece de melanina.

Un exemplar aneritrístico, (ás veces chamado "albino negro" ) no cal o animal non sintetiza pigmentos vermellos nin amarelos.

Esta variabilidade en coloración débese a que esta especie leva mantendo en catividade como animal de compañía desde hai décadas e fóronse seleccionando estes caracteres de coloración polos criadores.



Entradas