PITÓSPORO

Pittosporum tenuifolium

É un arbusto de folla perenne e pode alcanzar o 3,5m. de altura. Ten forma de columna na mocidade e despois vólvese redondeado. O talo é negro, e a cortiza de cor gris e áspera.
As follas son simples, de forma ovalada co bordo ondulado e de cor verde brillante; dispóñense de maneira alterna e adoitan agruparse na parte final das ramas.
As flores solitarias e de cor púrpura escura son pequenas e con cheiro a mel. Nacen na unión da folla coa rama (axila) e aparecen ao final da primavera. As flores masculinas e femininas poden estar en árbores separadas ou no mesmo. Os froitos son cápsulas duras, redondas e escuras con tres valvas.

Habitat e Distribución

É orixinario de Nova Zelandia e Australia. De clima tépedo e de chans ricos, profundos e ben drenados, soporta ben o frío, pero non as xeadas.

Usos e Costumes

O seu uso é principalmente ornamental, sobre todo en xardíns, e podándoo como sebe. As poliñas negras utilízanse en decoración.


Entradas