PIÑEIRO MANSO

Pinus pinea

É unha árbore de folla perenne, que pode chegar a medir ata 30m., de tronco limpo, con ramas desde a base, que se ramifican na parte superior formando unha copa globosa (lembra á forma dun cogomelo).
A cortiza ten gretas lonxitudinais amplas, longas e unhas placas pardas (máis ou menos avermelladas ou escuras). As follas, a modo de agullas longas e de cor verde ( acículas), son flexibles e preséntanse en pares.
Os conos floríferos prodúcense na primavera, os masculinos atópanse reunidos en grupos numerosos de cor amarela, e moi vistosos, os femininos teñen aspecto de piñas diminutas de cor amarela ou púrpura. Ao recibir o pole desenvólvense formando a piña que vai de cor verde a pardo escuro. A súa semente é o piñón. As piñas tardan en abrirse ao redor de 3 anos.

Habitat e Distribución

Nativo do suroeste de Europa, nas rexións mediterráneas ata Grecia e Asia menor. É unha especie, de clima mediterráneo. Os maiores crecementos prodúcense en chans profundos e algo arenosos, pero tamén poden vivir nos que son algo calizos, e mesmo cun pouco de xeso. Habita en chans non compactos de zonas de clima tépedo

Usos e Costumes

A súa madeira moi resinosa utilízase para facer travesas, algo na construción, e en artesanía. Tamén se usa para fixar chans arenosos e dunas. Como combustible é de mediocre calidade. Da súa cortiza obtéñense taninos para curtir a pel. Ten propiedades astringentes, o que o fai beneficioso para curar problemas das vías respiratorias; alivia trastornos pulmonares dos bronquios, tose ou arrefriados (destílase por vapor de auga das agullas e as piñas). Mellora a circulación e desintoxica a pel. Polas súas propiedades desinfectantes e purificantes emprégase tamén en vaporizadores e produtos de limpeza.


Entradas