PALMEIRA CANARIA

Phoenix canariensis

É unha palmeira de gran tamaño que pode superar o 30m. de altura, solitaria (sen fillos) e dioica (con sexos separados sobre plantas distintas).
O seu tronco é moi groso, está decorado tipicamente con debuxos en forma de rombo e a súa parte superior está arroupada pola base das follas e as fibras que persisten durante anos e mesmo décadas antes de caer. É a palmeira con maior cantidade de follas na súa copa, podendo contar con máis de 50. Estas son de cor verde intensa. É unha especie moi lonxeva, tanto, que os exemplares máis altos chegan a superar os 2 ó 3 séculos de idade.
As palmeiras femias producen flores espazadas que pronto se converten en froitos. Os machos presentan flores máis densas que producen pole abundante. Os froitos son doces, coloreados e maduran ao longo da estación seca e cálida. Hai quen di que as palmeiras morrerían se non se lles cortasen algunhas follas todos os veráns, porque os cortes sérvenlle de poda para resistir mellor á seca. As raíces, similares a un polbo, restan auga ás hortas e fan que a terra non se poida labrar.

Habitat e Distribución

A palmeira canaria pode vivir en condicións ambientais moi diferentes. Hoxe crece de maneira natural en todas as illas, formando poboacións illadas. Abunda na Gomera e Gran Canaria e é escasa no Hierro. Habita tanto nas terras fértiles do norte como nas áridas do sur, sempre que as raíces poidan extraer algo de auga. Sen chegar a ser unha praga, reproduciuse espontaneamente en moitas localidades do mediterráneo, California, Nova Zelandia, Buenos Aires, etc.

Usos e Costumes

A palmeira converteuse nun complemento excelente nas economías de subsistencias e chegou a nacer unha industria rural ligada aos seus variados produtos; desde a cestería tradicional ata o uso forraxeiro. O mel de Palma é o elemento básico da repostería tradicional da Gomera e hoxe de todas as illas.


Entradas