LOUREIRO XAPONÉS

Aucuba japonica

É un arbusto de folla perenne parecido ao loureiro, de 1 a 3 m de altura, de lento crecemento, e que pode ter múltiples talos (ata 8). As follas son ovaladas, de cor verde escura brillante con manchas amarelas (aínda que non sempre).
As flores son vermellas moi pequenas, agrupadas, unisexuais e florecen na primavera (marzo-abril). As masculinas atópanse en acios nos extremos das ramas e as femininas sitúanse na axila.
Os froitos son do tamaño dunha oliva, carnosos, de cor intensa brillante cando maduran e só aparecen nas plantas femininas.

Habitat e Distribución

Orixinario de Xapón, China e Formosa. Trátase dunha das plantas máis resistentes que existen, aínda que non tolera ben o sol do mediodía, os ambientes secos con temperaturas elevadas e as xeadas fortes. Adáptase a calquera condición de humidade, mesmo a longos períodos de seca. O único que non resiste é o enchoupamento. O seu chan ideal é lixeiramente acedo, aínda que pode vivir en terreos moi alcalinos.

Usos e Costumes

A planta enteira é algo tóxica (contén aucubina), aínda que pode inhibir a hepatite B e as alerxias en animais.


Entradas