

LINCE EUROPEO
Lynx lynx
O lince debe o seu nome a Linceo, heroe grego famoso pola súa boa vista. Contábase que atravesaba muros e descubría tesouros nas profundidades do mar coa súa mirada.
Os seus sentidos principais son o oído e a vista, xa que pode divisar unha lebre a 300 metros.
Descrición
O lince é un animal nocturno e solitario, excepto en época de reprodución. É moi áxil e un gran nadador. Caracterízase por ter a punta da cola negra e na punta das orellas uns guechos de pelo negro. As súas grandes barbas sérvenlle como radar para detectar ás súas presas. A femia pare de dúas a tres crías.
Alimentación
Caza en solitario, principalmente coellos, lebres e cervos, aínda que tamén pode alimentarse de ratos, aves e gando. No inverno captura presas máis grandes.
Habitat
Vive en bosques de Europa, aínda que tamén pode habitar en zonas rochosas e de matogueiras.
Status
UICN: próximo á vulnerabilidade (NT). A especie non é obxecto de medidas de protección especial, pero a súa poboación é escasa, está concentrada nun hábitat moi restrinxido ou ameazado de restrición. CITES: apéndice II. Especie que non está ameazada de extinción pero que podería chegar a estalo a menos que se controle estritamente o seu comercio. O comercio internacional pode autorizarse coa concesión dun permiso de exportación ou un certificado de reexportación. Só deben concederse os permisos ou certificados se as autoridades competentes determinasen que se cumpriron certas condicións, en particular, que o comercio non será prexudicial para a súa supervivencia no medio silvestre.