parallax background

LAVANCO REAL

Anas platyrhynchos

Todos os patos domésticos descenden do lavanco real. É indubidablemente a ave acuática máis recoñecida do mundo porque vive con frecuencia en contornas humanizadas (parques, xardíns, etc.)

É un pato nadador moi sociable que a miúdo se mestura con outros grupos de patos.

Todos os lavancos se emparellan cada ano e por unha tempada. Este emparellamento ten lugar despois das exhibicións e os bailes de celo do macho. Aínda que é a femia a que decide con quen queda.


Descrición

O lavanco real presenta diferenzas entre os sexos.

O macho ten moito colorido. A súa cabeza é de cor verde cun colar branco no pescozo, o seu peito é marrón, as partes inferiores son grises con rizo negro na cola. As patas son alaranxadas e o pico amarelo terminado en negro.

A femia está cuberta dunhas pencas pardas en ton marrón pouco vistoso, con pico amarelo degradado ata case a mesma cor parda e patas laranxas. Ambos teñen as súas ás pardas e en voo é observable o espello alar de cor violeta púrpura comprendido entre as dúas finas franxas brancas.

Os machos, ademais, na época non reprodutiva, cambian a súa cor e parécense ás femias, pero algo máis escuros. Á hora de nidificar fan un foxo no chan ou buscan un lugar elevado, tal como unha árbore ou niños abandonados doutras especies. Utilizan talos, follas, plumas e penuxe.

¡Descobre máis especies!
Alimentación

Son omnívoros, aínda que en hábitats naturais a súa dieta baséase principalmente en substancias vexetais como sementes, brotes, follas, bagas, grans, etc.Tamén adoitan inxerir insectos, moluscos, crustáceos e vermes. Noutros hábitats, son capaces decomer calquera cousa.

Habitat

Esta especie distribúese por case todo o hemisferio norte e abarca Norte América, Europa, Asia e Norte de África. Na Península Ibérica é un reprodutor frecuente e sedentario en toda a área, onde ademais no inverno aumenta a súa poboación polos individuos que migran. Localízase en humidais, xa sexan naturais ou artificiais, como ríos, encoros, pantanos, estanques, canles de drenaxe, salinas, etc., e tamén en zonas de litoral. Ten a capacidade de adaptarse a calquera tipo de hábitat.

Status

IUCN: Mínima preocupación (LC). A especie non require de medidas de protección especial, nin se aproxima a ningún dos parámetros para ser incluída nunha categoría de maior risco. Son os máis abundantes e xeneralizados de todas as aves acuáticas. No seu estado salvaxe é beneficiosa para os humanos nalgunhas áreas, xa que destrúe as larvas de mosquito, e non ten grandes problemas de supervivencia. A maior ameaza para esta especie é o home e a perda de hábitats, aínda que se adaptan facilmente aos cambios que se producen no ambiente.


Entradas