FREIXO

Fraxinus excelsior

É unha árbore caducifolia, que pode superar o 30 m de altura, cunha copa alongada, ovoide e pouco densa. O seu tronco é recto e cilíndrico. A cortiza é lisa, de cor verde-agrisada nos exemplares novos, e pardo-escura, rugosa e gretada nos adultos.
As follas son compostas e están formadas por un número impar de foliolos, lanceolados e cos bordos serrados. As súas flores son diminutas e están dispostas en acios que aparecen antes que as follas. A súa cor vai desde ao amarelo-verdoso ao púrpura. Na mesma árbore pódense atopar flores masculinas, femininas, e hermafroditas. Os froitos son colgantes cunha especie de ás membranosas (sámaras) que primeiro son de cor verde, e ao madurar, a finais de verán vólvense pardas.
Antigamente as súas follas utilizábanse como antídoto contra a mordedura de víboras e as ramas para facer lanzas.

Habitat e Distribución

Orixinaria de Europa e suroeste de Asia. Abunda no norte peninsular. Habita nos bosques húmidos de montaña, prados e ribeiras fluviais. Necesita moita auga e soporta ben o frío.

Usos e Costumes

A súa madeira é moi apreciada pola súa elasticidade. Tradicionalmente, utilizouse na construción de carros e apeiros de labranza. Actualmente, úsase na fabricación de artigos deportivos, bastóns, ferramentas, etc. Coas súas follas fanse infusións con efecto laxante e diurético, tamén se usan para combater enfermidades renais e reumáticas. A cortiza utilízase para baixar a febre, como expectorante, etc. O freixo tamén ten uso ornamental.


Entradas