
ARÁCNIDOS

ESCORPIÓN XIGANTE AFRICANO
Heterometrus longimanus
Os escorpións, tamén chamados alacráns, son os arácnidos máis antigos do planeta, apareceron fai 400 millóns de anos.
Tamén chamado escorpión xigante de bosque, é comestible en Asia e o seu veleno, aínda que pouco potente, como unha picadura de abella, (LD50: 300 mg/kg ), investígase para uso farmacolóxico. Mediante un método eléctrico extráese de exemplares mantidos en laboratorio.
Aínda que se coñecen máis de 2000 especies, en Galicia unha das que nos podemos atopar é o escorpión negro ou de cola amarela, por presentar esta coloración no aguillón (Euscorpius flavicaudis), pouco agresivo e que raramente usa o seu veleno. A súa picadura é como a dunha abella e menos dolorosa que a doutra especie que, aínda que raramente podemos atopar, como é o escorpión amarelo (Buthus occitanus).
Alimentación
Sae a cazar na noite inxerindo insectos coma cascudas, lagostas e grilos e tamén pode capturar vermes.
Hábitat
Vive en bosques húmidos, baixo a herba ou baixo troncos. Distribúese polo sueste asiático nas zonas de Malaisia, Tailandia e Borneo.