
ACTIVIDADES
CURSOS DE FORMACIÓN DE VIGOZOO
2020
CURSOS DE HORTAS URBANAS
Cursos de 1º nivel7 marzo (sábado): quenda 1
12 marzo (xoves): quenda 2
- Horario: 10:00 -13:00 (sábados) ou 16:30 - 20:00 (xoves)
- Lugar: Vigozoo.
- Destinatarios: maiores de idade.
- Grupo: ata 50 persoas
- Inscrición: 010 (dende móbil: 986 81 02 60), na semana da actividade: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00
- Achega: 5 euros, a pagar no momento de entrada en Vigozoo.
- Nota: a realización deste curso habilita para participar nas hortas-escola
Trátase dun curso básico, no que en tres horas faise un breve repaso da dinámica das hortas escola do Concello de Vigo e danse os conceptos básicos do cultivo ecolóxico, apoiado nunha documentación que se atopa na lapela de Hortas Urbanas do blog Camiño a Camiño
.
Con esa base conséguese posteriormente a formación na actividade ordinaria de Hortas Urbanas do Concello de Vigo.
Non se entrega diploma.
CURSO DE INICIACIÓN AO VOLUNTARIADO MEDIOAMBIENTAL
7 marzo (sábado): quenda 1
4 abril (sábado): quenda 2
- Horario: 10:00 -13:00
- Lugar: Vigozoo.
- Destinatarios: maiores de idade.
- Grupo: ata 50 persoas
- Inscrición: 010 (dende móbil: 986 81 02 60), na semana da actividade: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00
- Prezo: DE BALDE.