COTONEASTER

Cotoneaster sp

Algunhas especies son perennes e outras de folla caduca. Esta árbore raramente adoita alcanzar alturas iguais ou superiores aos 2 metros.
As follas teñen forma ovalada, o seu feixe é de cor verde escura e esta dotado dunha fina peluxe cando a folla é nova, mentres que o envés sempre está recuberto dunha densa pilosidade esbrancuxada. As flores, que nacen a finais de primavera, son moi pequenas e crecen reunidas en curtos ramalletes de cor branca ou rosada. Os froitos son globulares, algo carnosos e dunha rechamante cor vermella. Teñen a propiedade de resistir durante moito tempo nas ramas, aínda despois de madurar por completo.
O nome é tomado do grego “ kotoneon” (marmelo) e do latín “istar” (similitude). Unha das especies deste arbusto pode conservar ou perder as follas dependendo do clima.

Habitat e Distribución

É orixinario de Asia (China) e crece normalmente en lugares pedregosos e moi secos, entre rocas, en gleras (desprendementos rochosos de outeiros) ou en ladeiras; hai unha excepción que crece sobre as árbores (C. frigidus).

Usos e Costumes

Utilízase como árbore ornamental.


Entradas