parallax background

CISNE BRANCO

Cygnus olor

Ao cisne branco tamén se lle chama cisne vulgar ou mudo, porque a diferenza do resto de cisnes que se comunican no aire emitindo fortes trompetazos, este permanece mudo.

Durante a parada nupcial o macho e a femia entrecruzan os pescozos e acicálanse mutuamente as plumas da cabeza, interrompendo de cando en vez a cerimonia para mergullar a cabeza na auga e a continuación estirar o pescozo.

Os seus movementos no chan son torpes pero maxestosos ao voar e na auga. As parellas permanecen unidas toda a vida, pero tamén existen divorcios cando a parella non logra crías.


Descripción

O cisne pertence á mesma familia que os ánsares ou gansos e os patos.

É a anátida de maior tamaño e peso, a súa envergadura alar é de 230 cm. aproximadamente.

O seu corpo aerodinámico para nadar de plumaxe branca, co pescozo normalmente curvado en forma dese. Ollos negros, pico alaranxado con bordos negros e cunha protuberancia negra, na base do pico, máis desenvolta nos machos. Cola bastante longa e puntiaguda. As patas son curtas e fortes de cor gris escura.

¡Descubre máis especies!
Alimentación

É omnívora, aliméntase de toda clase de plantas acuáticas e moluscos. Ademais de bivalvos, vermes e outros pequenos animais.

Habitat

Nativo de Asia Central, distribúese en áreas dispersas de Eurasia e foi introducido en áreas de América do Norte, Sudáfrica, Australia e Nova Zelandia.

Vive en augas interiores tranquilas, estanques, lagos, ríos e lagos de auga doce en terras baixas, lagoas costeiras e estuarios con abundante vexetación.

Status

UICN: Mínima preocupación ( LC). A especie non require de medidas de protección especial, nin se aproxima a ningún dos parámetros para ser incluída nunha categoría de maior risco

En liberdade ten problemas de intoxicación polo petróleo, envelenamento con chumbo, captura por parte de cans e raposos, choque con obstáculos durante o voo, etc.


Entradas