CIPRÉS

Cupressus sp.

Este xénero de árbores son de folla perenne e poden chegar a medir 30 metros. Normalmente teñen o tronco dereito e a cortiza fina con fisuras lonxitudinais, de cor pardo-claro, e olorosa.
As follas son moi pequenas de cor verde-mate e con forma de escama. Agrúpanse en ramiñas que crecen en todas as direccións, o que as diferenza das da tuia, que crecen nunha soa dirección.
Na mesma árbore se atopan as flores masculinas e femininas, no extremo das ramas solitarias ou en grupos. As femininas son conos esféricos, que pasan do verde ao gris marrón na madurez. Os conos masculinos son ovais, colgan da rama e son de cor gris-avermellada na madurez. Os cipreses eran venerados en Roma nos cultos á divindade dos infernos, Plutón.

Habitat e Distribución

Son orixinarios da zona do mediterráneo oriental (Irán, Siria, Chipre). De feito o seu nome garda relación con Chipre (Cyprus). Atópanse en zonas cálidas e tépedas e toleran calquera tipo de chan. Non son esixentes co substrato.

Usos e Costumes

Os froitos e sementes eran utilizados como remedio para outorgar ao corpo unha maior fortaleza e protección. Os xaponeses empregan o seu resistente e lonxeva madeira en rituais e templos; na industria dos aromas utilizan a súa cortiza. Os seus aceites esenciais son bos para problemas na pel, aparello circulatorio e dixestivo.


Entradas