CARBALLO AMERICANO

Quercus rubra

Árbore caducifolio de gran porte que pode alcanzar ata 25m. de altura, crecendo con gran rapidez nos primeiros anos da súa vida. Os troncos son rectos e cilíndricos, coa cortiza lisa e de cor gris.
As follas son grandes con lóbulos puntiagudos e algúns pelillos polo envés e no outono adquiren unha rechamante coloración vermello intenso. As flores, masculinas e femininas danse no mesmo árbore. O seu froito é a landra, de forma rechoncha e coa cúpula aplanada, e tarda dous anos en madurar.
As landras son un importante alimento para a fauna silvestre, como esquíos, ratos, pavos, cervos e outros mamíferos e aves.

Habitat e Distribución

É orixinario de América do Norte e introduciuse en Europa no século XVIII. Prefire chans acedos, arcillosos e profundos e climas atlánticos suaves. Tolera ben a contaminación atmosférica.

Usos e Costumes

Utilízase como produtor de madeira e como árbore ornamental polo seu elegante porte e a vistosidade da súa follaxe no outono. Tamén a súa madeira é moi apreciada para fabricar barricas de viño (xunto co carballo francés). Cada vez emprégase máis esta especie en repoboacións forestais.


Entradas