CAPUDRE

Sorbus aucuparia

É unha árbore caducifolio que pode alcanzar ata 20m. de altura, aínda que en ocasións preséntase con porte arbustivo. Ten unha copa ampla coas ramas e tronco principal provisto dunha cortiza gris, lisa e brillante, máis escura e rachada en exemplares adultos.
As follas son compostas, teñen de 11 a 15 foliolos aserrados, que no outono adquiren unha coloración amarelo parduzca. As flores aparecen desde mediados da primavera a principios de verán, son hermafroditas, nacen en grupos ( inflorescencia), son moi olorosas e no momento da floración as ramas da inflorescencia son moi pelosas. Os froitos nacen en grupos, maduran a finais de verán, alcanzan o tamaño dun chícharo, de cor vermella ou ás veces alaranxado e pode permanecer na árbore mesmo despois de caer as follas.
Chámaselle serbal de cazadores, porque estes aproveitaban que os paxaros (merlos, estorniños) ían comer o froito para matalos.

Habitat e Distribución

Distribuído por toda Europa, forma parte de bosques ligados a ambientes frescos. Nunca aparece en abundancia, senón como exemplares illados, debido a que os froitos son dispersados por aves e herbívoros. Viven en medios montañosos, en bosques caducifolios ou perennifolios; en ocasións nas marxes e en zonas aclaradas. Busca enclaves frescos e húmidos, sobre substratos principalmente silíceos.

Usos e Costumes

A madeira é empregada en tornería e ebanistería xa que é fácil de traballar pola súa flexibilidade; con ela fanse, por exemplo, utensilios de cociña. Emprégase tamén como planta ornamental. As flores son calmantes e os froitos diuréticos. Do seu froito de obtén un augardente que se utiliza para a elaboración do vodka ruso.


Entradas