

AXOLOTE
Ambystoma mexicanun
As poboacións naturais estiveron a piques de extinguirse, debido ao seu interese científico e porque para os indíxenas era un manxar ao que lle atribuían a capacidade de curar a sífilis.
Poden chegar a comerse a súa cola e as súas patas, as cales rexeneran.
Descrición
Conserva en gran parte as características larvales dunha clase de píntega que chegou á madurez sexual sen experimentar a metamorfose dos anfibios (neotenia), conservando por iso órganos larvais como as branquias, que destacan por ser externas e de cor vermella, aínda que tamén posúe pulmóns.
Alimentación
Aliméntase de pequenos animais acuáticos, larvas, lombrigas de terra, pequenos crustáceos, anacos de carne, etc.
Hábitat
Habita as auga doces, pode atoparse nalgunhas lagoas mexicanas. Na actualidade é endémico das canles de Jochimilco.
Status
Atópase en perigo de extinción pola súa caza indiscriminada e pola destrución do seu hábitat.