parallax background

GANSO BRAVO

Anser anser

Crese que o ganso Europeo foi domésticado no sur de Asía ao redor de 5000 anos a.C. e que é a máis antiga das especies de aves domésticas.

O ansar ou ganso pertence á mesma familia que os patos e cisnes. Ten costumes gregárias e voa en grupo en xeral coa típica formación en "V".

É moi esperto e provoca a alarma cun forte reclamo ante a perturbación máis débil. Muda todas as plumas das súas ás á vez e isto impídelle voar ata que as substitúa.


Descrición

É un ánsar forte, grande e robusto cunha plumaxe máis agrisada que pardo, de cabeza pálida con pescozo longo no que ten plumas listadas. A súa cola é branca cunha banda escura no seu parte superior.

O seu pico é grande, robusto e case triangular co que poden cortar, cavar e coller os alimentos. A cor do pico é alaranxado-rosado e as súas patas, fortes e curtas, presentan un ton rosáceo.

¡Descobre máis especies!
Alimentación

É herbívoro aliméntanse de substancias vexetais como herbas, tubérculos, grans, raices, etc..

Habitat

Ocupan diversas superficies como marismas, lagoas, arrozales, balsas, etc.

Distribúense practicamente por todo o mundo pero en maior medida por toda Euroasia salvo no Norte de Rusia e de Siberia. Invernan no sur de Europa e Norte de África, Irán, India e China.

Status

UICN: Mínima preocupación (LC). A especie non require de medidas de protección especial, nin se aproxima a ningún dos parámetros para ser incluída nunha categoría de maior risco.

A súa principal ameaza é a transformación do seu hábitat, a caza ilegal e o envelenamento por chumbo.

En España inclúese no Libro Vermello das Aves na categoría de "Non Avaliado", aínda que non aparece no Catálogo Nacional de Especies Ameazadas


Entradas