
SENSIBILIZOO
AULA EDUCATIVA
Acción 10.
A SERRA DO MONTE GALIÑEIRO
Vigo Zoo
Protexida, en parte, como parque natural, é un macizo tectónico que se eleva sobre o río Lagares e o curso superior do río Zamáns, situado entre as parroquias de Zamáns e Vincios, e que une a súa cara sur co monte Aloia. Presenta unha figura rocosa con 700 metros de altitude e ofrece vistas espectaculares de todo o sur da provincia.