ABELEIRA

Corylus avellana

É unha árbore de ata 6m. de alto, caducifolio, que pode presentarse en forma de arbusto.
A cortiza é agrisada, máis ou menos lisa e nas ramas menores a cortiza é parda-avermellada, con pequenos puntos agrisados. As follas son acorazonadas, de marxes recortadas, cunha punta moi marcada, e moi pilosas.
No mesmo árbore hai flores masculinas e femininas que aparecen a principios de primavera antes de que broten as follas. O froito é a abelá. As abelás son importantes na alimentación de moitos roedores, do xabaril e ata de pequenas aves no inverno.

Habitat e Distribución

A súa área natural comprende Europa e o oeste de Asia. É máis abundante na metade setentrional onde aparece en todo tipo de localizacións, ladeiras, veigas, sebes entre prados, etc. Soporta ben os fríos invernais e non tolera a seca estival. Prefire os chans profundos e fértiles, mellor se son calizos, pero tamén se desenvolve nos silicios.

Usos e Costumes

A madeira utilízase en ebanistería, para facer cercos de toneles, pezas de carretería, cestos, varas, etc. Polo seu efecto astringente, as follas indicáronse contra diarreas, varices, flebitis e hemorroides sanguentas. En aplicación externa utilízase para curar e cicatrizar feridas, chagas e úlceras da pel, así como contra inflamacións bucais e oculares. En Estremadura era tradición facer unha decocción de cascas de abelá para estimular a persoas con dificultades para ouriñar.


Entradas