RÉPTILES
BOA ARBORÍCOLA AMAZÓNICA
Corallus hortulanus
Boas, anacondas e pitóns pertencen á familia “boidos” que é constritora (ataca oprimindo ás súas presas).
Posúe uns sensores térmicos que lle permiten identificar calquera variación de temperatura por pequena que sexa, polo que localiza así ás súas presas.
Estes sensores permítenlle detectar mesmo diferenzas de ata 0,003º C.
Descrición
Presenta moitas variacións de cor, desde o amarelo brillante ao marrón pardo. A maioría son marróns ou grises e cubertas de manchas escuras, outras son dunha única cor: verde oliva, amarelo ou marrón avermellado. O seu corpo é longo e esvelto, cunha cabeza claramente diferenciada. De carácter bastante agresivo, ataca con extrema rapidez, podendo producir graves e profundas feridas. É totalmente arborícola e pasa a maior parte do tempo descansando sobre as ramas.
Alimentación
Aliméntase de pequenos mamíferos e réptiles.
Hábitat
Vive en zonas de bosques chuviosos tropicais de Centroamérica e Sudamérica.