![acebo2(DVD7)(DVD12)](https://vigozoo.com/wp-content/uploads/2020/12/acebo2DVD7DVD12.jpg)
ACIVRO
Ilex aquifolium
DESCRICIÓN
É un arbusto ou como moito unha pequena árbore. Pode chegar a medir uns vinte metros de altura e vivir cincocentos anos, aínda que normalmente non pasa dos cen.
Forma parte da tradición decorativa do Nadal tras substituír ao visgo, na tradición occidental católica.
As flores son unisexuales e dioicas: flores masculinas e femininas nacen en diferentes árbores, en inflorescencias densas, situadas na base das follas. Son flores brancas e pequenas, de entre 6 e 8 mm. O froito é unha baga carnosa, dunha viva cor vermella, de entre 7 e 10 mm de diámetro, e contén catro sementes duras; son velenosos para o home. Estes froitos maduran no outono e permanecen na árbore ata finais do inverno.
Usos
O froito é velenoso para o ser humano pero vital para a supervivenvia de moitos animais, do mesmo xeito que a propia planta que serve de acubillo para numerosas especies durante o inverno.
A pesar do perigo do seu uso, as follas úsanse como laxantes e os froitos como purgantes ou eméticos. Tamén é bo como diurético e contra a bronquite, a reuma e a artrite.
Os curandeiros utilizaban o acivro para curar o cólico dos cabalos, dándolles pequenos golpes cunha vara de acivro que mesmo se vendían nos mercados.
Distribución
É orixinario do sur e leste de Europa. A recolección do acivro para usos medicinais, ornamentais pola gran demanda das bagas vermellas durante o nadal, cinexéticos e en ebanistería, carrexoulle non poucos danos, ata o punto de estar en perigo de extinción en moitos sitios. Actualmente é unha especie protexida en amplas extensións de varios países europeos.
En todo o territorio español tamén está protexido.
Folla
![Ilex aquifolium(VZ37)](https://vigozoo.com/wp-content/uploads/2021/10/Ilex-aquifoliumVZ37-1024x768.jpg)
Froito
![acebo](https://vigozoo.com/wp-content/uploads/2021/10/acebo2DVD7DVD12-300x225.jpg)
![almendro-mapa-1](https://vigozoo.com/wp-content/uploads/2020/11/almendro-mapa-1.jpg)