SENSIBILIZOO
AULA EDUCATIVA
Acción 02
DEGRADACIÓN DE HÁBITATS
Vigo Zoo
¿Qué é un hábitat?
Un hábitat é un contorno ou un espazo onde viven unha serie de seres vivos (animais, plantas, fungos, etc.) onde reproducen e aseguran a súa existencia, atopando todas as condicións necesarias para vivir cómodamente e en paz.< br> Aquí tratamos de responder as seguintes preguntas:
¿Pode desaparecer un hábitat e con el os seus habitantes?
¿Podemos evitar que isto suceda?
A continuación tes o seguinte caderno de actividades en pdf. Fixémolo con toda a ilusión para axudarche a coñecer todos os problemas de destrución dos hábitats naturais.
A deforestación é unha das causas máis importantes da perda de hábitat. Ademais de protexer o chan da erosión, as árbores son verdadeiras reguladoras da temperatura e humidade dunha área.
Sabías que unha única árbore pode arrefriar ata dez aparellos de aire acondicionado, debido á evaporación que ten lugar nas súas follas?