![IM000332.JPG](https://vigozoo.com/wp-content/uploads/2020/12/Acacia-melanoxylonVZ37-768x1024.jpg)
ACACIA NEGRA
Acacia melanoxylom
DESCRICIÓN
É unha árbore de folla perenne que pode alcanzar os 40 m, de copa alongada, recollida e compacta, e que lembra aos eucaliptos. A cortiza é áspera e gretada, de cor parda escura a negriza.
As follas nos exemplares novos son pequenas e compostas, mentres que nos adultos desaparecen, alongándose o pecíolo e formando unha estrutura chamada filodio, que parece unha folla. As flores son moi pequenas de cor branca amarelada e saen ao comezo da primavera.
O froito é un legume aplanado e retorto, que ao madurar no outono ábrese deixando ver unhas sementes negras rodeadas dunha pequena cinta vermella.
Usos
A madeira é lixeira, duradeira e resistente á humidade. Utilízase en ornamentación e nos últimos anos empregouse na fixación de dunas ou terreos soltos. As súas flores conteñen moito néctar, importante para os insectos polinizadores.
Distribución
Orixinaria do sur de Australia e Tasmania, chegou á península como planta de xardinería e asilvestrouse principalmente en Galicia e Asturias. Require chans profundos e frescos. É sensible ao frío e ás calores extremas. A acacia está considerada como unha especie invasora, pola súa gran capacidade reprodutora e colonizadora que forma bosques moi espesos. Tras un incendio, brota con rapidez e impide crecer ás demais especies que están ao seu redor.
Flor
![RAciaNegra(DVD7)(DVD12)](https://vigozoo.com/wp-content/uploads/2020/12/RAciaNegraDVD7DVD12-1.jpg)
Folla
![Acacia negra](https://vigozoo.com/wp-content/uploads/2020/12/Acacia-melanoxylom-Hojas-scaled.jpg)
Froito
![AcaciaMelanoxylon fruto](https://vigozoo.com/wp-content/uploads/2020/12/AcaciaMelanoxylon-fruto.jpg)
![almendro-mapa-1](https://vigozoo.com/wp-content/uploads/2020/11/almendro-mapa-1.jpg)