parallax background

PATO CHUPÓN

Aythya ferina

O Pato chupón, (porrón europeo), é un pato mergullador de tamaño medio da familia Anatidae. Aínda que o voo é rápido e potente, o despegamento da auga é difícil e a maioría non se eleva máis que tras moito esforzo. Por iso, estes patos prefiren mergullarse para escapar dun perigo. Nada bastante afundido, coa cola pegada á auga, permanecendo baixo a auga de 10 a 15 segundos, e excepcionalmente poden permanecer ata 25 e 30 segundos. A profundidade á que se zambulle non é moita e de cando en cando excede os 2 m.


Descrición

Pato mediano e rechoncho co pescozo longo e ancho; a cola é curta. O macho ten a cabeza de cor castaña, pico azulado con base negra. Ollo vermello. Peito negro. Corpo agrisado. A femia é pardo-agrisada co pescozo e peito máis escuros. Ten unha mancha amarelada detrás da base do pico.

Os dous sexos mostran unha franxa azul no pico que axuda a diferencialos de calquera outro anátido.

O corpo deste pato e doutros mergulladores é máis compacto que o do pato de superficie, e o seu esqueleto máis robusto. As súas patas están situadas cara á parte traseira do corpo, para cumprir mellor o seu papel de propulsión e temón, e por esta razón a súa marcha parece grotesca.

¡Descobre máis especies!
Alimentación

Come ao amencer e á tardiña e para alimentarse sente preferencia por augas superficiais. Aliméntase con preferencia de material vexetal, raicillas, follas de plantas acuáticas, brotes, sementes, etc…pero tamén come numerosas sementes de herbas, carrizos, xuncos, e ocasionalmente grans de cereais. Aínda que en menor proporción tamén come pequenos moluscos, crustáceos, vermes, lombrigas de terra, insectos, etc…

Habitat

Os patos chupóns crían en amplas zonas de Europa occidental, ata o norte de China e en Xapón. Son aves migratorias, e chegan no inverno ata zonas do sur e oeste de Europa e mesmo ao sur do Sahara e África do leste, e ao sur de Asia.

Como nidificante, en masas de auga con abundante vexetación palustre. Fóra da época de cría en augas de profundidade media con bastante vexetación acuática. De cando en cando se lle vez en augas costeiras.

Status

IUCN: Mínima preocupación ( LC): A especie non require de medidas de protección especial, nin se aproxima a ningún dos parámetros para ser incluída nunha categoría de maior risco.

CNEA: De interese especial xa que a súa poboación está a decrecer considerablemente por causas antropoxénicas.


Entradas