ARÁCNIDOS

TARÁNTULA DE PELO ONDULADO DE HONDURAS

Brachypelma albopilosum

As femias receptivas permitiranlle unirse aos machos, normalmente durante a estación chuviosa, resultando unhas semanas despois un saco con 300-500 ovos. As femias non receptivas poden ser agresivas cos machos que se aproximen, tentando matalos e comelos.

Unha zona do final de cada pata é sensible ao cheiro, gusto e tacto, sendo usada para detectar presas. A tarántula sostén á presa cos pedipalpos (extremidades anteriores) e inxecta veleno desde dous cabeiros. Este veleno ten un dobre propósito: paralizar a presa e empezar a dixestión. Cando o veleno actuou, a tarántula pode sorber as proteínas e as graxas da presa, deixando unha pequena bóla de partes non dixeridas.

Esta tarántula, normalmente dócil, lanza pelos do abdome coas patas posteriores cando sente ameazada, causando cegueira se alcanza os ollos do depredador ou unha erupción se o fai na pel.



Entradas