ESCOLARES


AULA EDUCATIVA

PROGRAMA DE VISITAS ESCOLARES

Vigo Zoo

Descarga PDF
Queridos maestros e maestras,

Como xa sabedes de outras convocatorias, queremos dar a coñecer o noso Programa de Visitas Escolares, co que podedes ampliar os contidos das aulas dunha maneira práctica e amena para os mozos e mozas de todolos niveis educativos.

Queremos que a visita ao zoo trascinda máis alá da mera observación de animais, e que os nenos e nenas comprendan a importancia desta institución en diferentes ámbitos un pouco descoñecidos:

- En primeiro lugar como centro de acollida, refuxio de individuos heridos ou decomisados, función de gran importancia pois proporciona un lugar digno onde vivir a animales desauciados, que xa non é posible reintroducir na natureza.

- Como centro investigación, como é o caso do programa de estudio da salamandra das Illas Atlánticas, en colaboración coa Universidade de Vigo e con Parques Naturais, ou o estudio do comportamiento do lobo ibérico, coa axuda do voluntariado ambiental do Concello de Vigo.

- Como centro de recuperación de especies ameazadas, como por exemplo, o programa de cría da tartaruga europea, unha das especies galegas máis ameazadas, realizado tamén en colaboración coa Universidade de Vigo e avalado pola Xunta de Galicia. Ou o programa de cría do Voitre leonado, que xa tivo éxito no 2010, que naceu a cría "Vigo", que viaxou a Maiorca onde forma parte do grupo reproductor dentro do programa de conservación da especie.

ENeste curso escolar encontraredes moitas das novedades no parque, destaca o noso exotarium os cabaliños de mar, os peixes pipa, a salamanquesa común, las tortugas leprosas, la tortuga de caparazón blando, o axolote e a tarántula salmón rosado do brasil. Tamén podemos disfrutar do noso atractivo mariposario.

En canto á oferta educativa lembraros que tedes a posibilidade de facer unha visita de unha hora ou hora e media (en función das fechas) en compañía dun guía, ou participar nunha estancia máis prolongada, actividade que chamamos "aula no zoo", na que, ademáis da visita guiada, podedes participar no funcionamiento interno do parque axudando aos cuidadores nalgunha labor de enriquecimento ambiental, e ampliar os contidos cun taller didáctico.

Agardando que a túa estancia en Vigozoo sexa unha experiencia moi enriquecedora e positiva, os invitamos a visitarnos.

Información e reservas: 986 26 77 83 en horario de 11:00 a 19:00 en outubro, de 11:00 a 18:30 ennovembro e decembro.

Voltar Escolares

Entradas