parallax background

MAMÍFEROS

LLAMA

Lama glama

Os antepasados dos camélidos eran naturais de América do Norte. Algúns deles trasladáronse a Asia, cruzando polo estreito de Bering dando orixe ao camelo, que á súa vez deu lugar ao dromedario. Outros chegaron ao sur de América orixinando os actuais camélidos suramericanos (llama, guanaco, alpaca e vicuña).

O macho da llama é utilizado como animal de carga e da femia aprovéitase o leite e a carne. Tamén se utiliza a súa la para a confección de roupa, e a súa pel curtida para facer artigos de coiro.


Descrición

É o camélido máis grande de Sudamérica. Está considerado un guanaco domesticado. Forma pequenos grupos dun macho dominante e de 5 a 10 femias e as súas crías. Os machos novos forman o seu propio grupo separándose da manda principal. A súa actividade é constante durante todo o día.

¡Descobre máis especies!
Alimentación

É herbívora e moi eficiente no consumo de auga e alimentos. Aliméntase da vexetación pobre e escasa do medio onde vive como brotes, cortizas, etc.

Habitat

Viven no leste de Sudamérica, en chairas e montañas de máis de 3000 metros (Bolivia, Perú, Arxentina), xa que resisten moi ben as enfermidades e o rigoroso clima de montaña.

Status

Esta especie doméstica non está ameazada, o seu principal problema é a ovella, xa que estas pisan o terreo e estragan a pouca vexetación existente.


Entradas