parallax background

RÉPTILES

DRAGÓN BARBUDO

Pogona vitticeps

Existe unha xerarquía no interior dos grupos. Cando hai varios especimes reunidos, o lugar máis alto se reserva para o individuo dominante no grupo. Os machos poden batallar entre si corpo a corpo e ocasionarse feridas.

A xerarquía mantense máis frecuentemente mediante rituais de xestos, como movementos das patas e oscilacións da cabeza que tratan de substituír os enfrontamentos directos.

Cando se sente ameazado, o dragón barbudo abre amplamente a boca, e desprega ao mesmo tempo a súa barba de espiñas, a cal se colorea de negro, co fin de impresionar os seus adversarios.


Descrición

Teñen unha cabeza grande de forma triangular que lles confire un aspecto moi característico, ademais dunha “barba” moi rechamante que poden cambiar de cor e que utilizan en determinadas situacións (cortexo, loita, defensa…). Unha serie de escamas espiñentas está tamén presente a ambos os dous lados do corpo. Ao longo das súas costas teñen dúas fileiras de manchas. Os machos adultos, que chegan a medir ata 60 cm de longo e a pesar 450 g, son máis grandes que as femias; posúen varios poros femorais ben diferenciados situados dentro das coxas. Os avultamnetos do hemipene a ambos os dous lados da cola, son visibles nos machos. Hai dragóns barbudos dunha gran variedade de cores, incluíndo o castaño, pardo, gris, verde, avermellado, e alaranxado. Cada individuo é capaz de experimentar cambios moi leves da súa cor para axudar a regular a súa temperatura corporal.

¡Descobre máis especies!
Alimentación

Son omnívoros, o que quere dicir que se alimentan dun amplo repertorio de animais e vexetais.

Habitat

É orixinario dos desertos e sabanas de Australia, máis concretamente dos estados de Nova Gales do Sur e Vitoria. Viven en hábitats moi diversos, incluíndo bosques, praderías, sabanas, e mesmo desertos. É diúrno e terrestre semiarborícola.

Status

P. vitticeps non está incluído en CITES


Entradas