parallax background

YUCA FILAMENTOSA

Yucca filamentosa

É un arbusto de folla perenne. As yucas, en xeral, teñen trazos moi similares ás palmeiras. O seu tronco é leñoso, de cortiza rugosa. As follas son de cor verde intensa, lixeiramente tinguido de azul, lanceoladas e forman unha roseta basal (todas nacen desde un punto na base). Son flexibles, normalmente erectas, acabadas nunha espiña e con marxes dentados lixeiramente.
A yuca florece no verán, as flores teñen forma de campá ou de cunca, son de cor branca ou crema e sitúanse nunha inflorescencia en forma de panícula erecta (como unha mazorca de millo) na parte superior da planta, atopándose os dous sexos xuntos. Os froitos son cápsulas secas ou tenras que conteñen sementes negras.
As plantas que crecen fóra do seu hábitat orixinal (lugar de orixe) non desenvolven froitos, porque só poden ser polinizadas por un insecto autóctono da zona ( polilla de Yuca).

Habitat e Distribución

Vive en lugares cálidos e secos de América do Norte, Centroamérica e o Caribe, aínda que resiste zonas con xeadas frecuentes. Crece en terreos secos e arenosos.

Usos e Costumes

Utilízase todo deste arbusto: desde as flores á raíz. Coas follas fanse cordas; coas flores faise pintura; co talo constrúense balsas e cos froitos comida. Os indios do suroeste de EE. UU., co mollo de raíces e talos, fan laxantes e calmantes. Como dato curioso, coas follas faise fío dental.


Entradas