

VARANO MERMELO
Varanus melinus
O noso varano é un macho de máis de 10 anos, que viviu toda a súa vida en catividade e está totalmente adaptado á vida en terrario e ao manexo por parte dos coidadores, cos que interactúa de maneira constante.
Descripción
Pode chegar a medir entre 80 e 120 centímetros de lonxitude. Ten a cabeza, patas, dorso e cola de cor amarela brillante e un patrón reticulado en negro desde o pescozo á base da cola con franxas alternas de amarelo e negro, que se volven pálidas cara ao último terzo desta.
Na parte inferior do pescozo ten un deseño enreixado negro e a lingua é rosa clara. As crías e os exemplares novos son de cor escura con ocelos amarelos e a medida que crecen vólvense amarelo mais intenso.
Alimentación
A súa alimentación componse de gran cantidade de artrópodos, peixes, anfibios, ovos de paxaro e pequenos vertebrados.
Hábitat
É unha especie de lagarto monitor orixinario de Indonesia e endémico das illas Mangole e Talibu. De hábitos semi-arborícolas e con predilección polos ecosistemas de bosque tropical e zonas acuáticas de auga doce, así como de espazos abertos para exemplares adultos
Status
IUCN: IUCN: En perigo de extinción (EN). Esta especie está ameazada pola perda de hábitat e a interacción co ser humano, a súa área de distribución endémica, pequena e insular fai que este incluída, como o resto dos varanos, no convenio CITES e contrólese a cantidade de exemplares que poden saír anualmente destas illas.
CITES: Apéndice II. Especie que non está necesariamente ameazada de extinción pero que podería chegar a estalo a menos que se controle estritamente o seu comercio.