parallax background

RÉPTILES

TARTARUGA PINTADA DE BOSQUE

Rhinoclemmys pulcherrima

Nosas tartarugas dragón, nome polo que tamén son coñecidas, proceden de cesións de particulares, unha no ano 2016, trás 7 anos como mascota e a outra en 2020, que por circunstancias persoais obrigaron aos seus propietarios a buscarlles un novo fogar. Están aloxadas na instalación con representación de especies do continente Americano, na planta "0" do noso Exotarium, como son as iguanas e a tartaruga carboeira, contribuíndo á difusión e posta en valor desta especie a través do noso programa de educación e concienciación ambiental.


Descrición

A palabra tartaruga deriva do termo grego “tartaruchos”, vivenda dos tártaros, e do latín “ tartaruchum”, que significa demo. Por este motivo, durante moitos séculos as tartarugas foron considerados a encarnación de espíritos malignos.

¡Descobre máis especies!
Alimentación

É unha especie omnívora, alimentándose de vexetais como froitas e verduras, invertebrados como grilos, vermes, e tamén inclúe a súa dieta carne con baixo contido en grasa. Na natureza mesmo pode comer carroña.

Hábitat

Distribúese por algunhas zonas de México, Guatemala, O Salvador, Honduras, Nicaragua e Costa Rica. Vive en bosques con cursos de auga e selvas húmidas.

Status


Entradas