RÉPTILES

TARTARUGAS DE FLORIDA
Trachemys scripta
Chámanse así a varias subespecies de Trachemys, catologadas como especies invasoras e que desde o ano 2006, VigoZoo desenvolve un programa de recollida a particulares de tartarugas exóticas de distintas especies, principalmente Trachemys scripta, a tartaruga de Florida ou Americana.
..
Descrición
Son catro as subespecies de Trachemis scripta acollidas en Vigozoo: Tartaruga de orellas amarillas, Trachemys scripta scripta Tartaruga de orellas bermellas, Trachemys scripta elegans Tartaruga de Cumberland, Trachemys scripta troosti Tartaruga de Florida híbrida, Trachemis scripta híbrida Cando os antigos cristiáns e á xente de Oriente coñeceron as tartarugas, chamoulles a atención que estes animais vivisen no lodo ou confundidos coa terra, o que lles fixo supoñer que eran criaturas do mal. Así é como empezaron a denominalas coa voz grega tartar- khos que significa “habitante dos infernos”, ao latín chegou como tartaruchos que quere dicir “demo” e logo ao catalán antigo pasou como tartaruga; desta lingua derivou ao castelán como tartaruga. Cando a nova tartaruga sae do ovo, xa posúe o seu caparazón. Muda a pel pero a diferenza dos lagartos e as serpes o fai pouco a pouco. É un animal exotérmico (varia a súa temperatura corporal en función da temperatura externa) por iso cando a teperatura descende fortemente pode hibernar.
Alimentación
Os individuos novos son omnívoros, consumindo desde pequenos animais ata plantas acuáticas. Os adultos son principalmente carnívoros, aínda que tamén se alimentan de animais mortos (necrófagos) e parte da súa dieta segue sendo vexetariana.
Hábitat
Orixinario dos Estados Unidos, América Central e Sudamérica ata Brasil. Actualmente atópase introducida como especie reprodutora en moitos países de África, Asia e Europa. O primeiro rexistro en España data de 1983, mentres que en Galicia, ligada a medios naturais, coñécese desde comezos da década dos noventa, observándose en diversos tipos de medios acuáticos (charcas, ríos, encoros...). Actualmente distribúese amplamente por toda Galicia, e nalgunhas localidades (Pontevedra) confirmouse tamén a súa cría. Prefiren augas lentas ou quietas, con fondo fangoso e gran vexetación mergullada ou flotante, como ríos lentos, lagos, pantanos, estanques e balsas con rocas ou troncos onde poder asolarse. Tamén poden tolerar ata certo punto a auga salobre.
Status
Fóra do seu hábitat, non se debe deixar ningún exemplar desta especie e de ningunha outra en liberdade, pois son moi voraces e desprazan ás nosas tartarugas autóctonas: o sapoconcho común (Emys orbicularis) e o sapoconcho riscado (Mauremys leprosa), ocasionando graves problemas ambientais. As especies exóticas invasoras, unha vez establecidas pode ser imposible o seu control. Todos somos quen de evitar este problema

.Descrición