parallax background

RÉPTILES

TORTUGA DE ESPORÓNS AFRICANA

Geochelone sulcata

A nosa "Sulcata" procede dunha cesión dunha veciña de Redondela no ano 2003, que por motivos persoais non puido seguir téndoa como mascota e elixiu o noso parque como o lugar onde mellores coidados podíanlle dispensar ao seu querido animal.

O nome común vénlle dado polos esporós parcialmente osificados que presenta na coxa e no bordo posterior das súas extremidades traseiras. É unha tartaruga terrestre de grandes dimensións, a especie continental máis grande que hai, xa que pode chegar a medir máis de 80 cm de longo e pesar case 100 kg. Tamén é moi característico o seu caparazón, moi bombeado, cos escudos da marxe case en posición vertical.


Descrición

Animal diúrno, o máis rechamante desta tartaruga é o seu duro caparazón formado por grandes escamas soldadas entre si.

Gran escavadora, a súa boca termina en forma de pico ganchudo. Para evitar a desecación e as temperaturas elevadas da rexión, escava tobos onde pasa as horas centrais do día e centra a súa máxima actividade ao amencer ou á tardiña.

É un animal solitario e territorial, e os machos non adoitan aceptar nin tan só á femia fose do período de apareamiento. Esta especie non inverna, xa que o seu clima é cálido durante todo o ano.

O macho chega a percorrer ata 100 km en busca da femia, que realiza entre 2 e 6 postas de ovos durante o ano cada unha de entre 15 e 32 ovos. Adoita facelas no outono ou inverno e o período de incubación é bastante longo, poidendo durar máis de 200 días.

¡Descobre máis especies!
Alimentación

É vexetariana alimentándose en gran parte, das plantas suculentas das rexións secas onde vive. Nestas rexións a miúdo tan só dispón de auga durante un período de tempo limitado, polo que depende en gran medida da auga metabólica e da humidade que leve o alimento que inxere.

Hábitat

Orixinaria da rexión do Sahel, ao sur do deserto do Sahara, nunha franxa desde Senegal ata a costa do mar vermello. Viven nas sabanas secas, as estepas arbustivas e as rexións semidesérticas. Para evitar a desecación e as temperaturas elevadas da rexión, escava foxos onde pasa as horas centrais do día e centra a súa máxima actividade no amencer ou á tardiña.

Status

IUCN: Especie VULNERABLE ( VU). Especie ameazada de extinción por causa dun descenso da poboación e da degradación do seu hábitat. CITES : Apéndice II. Especie que pode extinguirse se non se controla o seu comercio.