parallax background

TORTUGA DE ESCUDO AFRICANA

Pelomedusa subrufa

As Tartarugas Pleurodiras Africanas, protexen a cabeza e o pescozo poñéndoos ao carón do corpo, ( pleura: costado e dire: pescozo) e as tartarugas do suborden Cryptodira esconden a súa cabeza e pescozo entre as súas extremidades anteriores, no interior do propio caparazón, ( cryptos: oculto).

Isto representa unha división evolutiva moi profunda entre dous tipos moi diferentes de tartarugas. As diferenzas físicas entre os dous subordenes son importantes e as súas implicacións zoogeográficas son substanciais. As tartarugas Pleurodira limítanse ao hemisferio sur, en gran parte de Australia, Sudamérica e África.


Descripción

O caparazón mide uns 20 cm de lonxitude, de forma ovalada e de cor gris ou marrón, adoita estar cuberto de algas verdes. A cabeza é grande e teñen o pescozo moi longo. Os machos son máis grandes que as femias.

Non son boas nadadoras, prefiren moverse polo fondo camiñando e teñen preferencia por lugares con pouca corrente e profundidade. Pode enterrarse no barro se a choiva escasea.

¡Descobre máis especies!
Alimentación

Aliméntase de pequenos mamíferos, aves, réptiles, anfibios, insectos e carroña. Adoitan organizarse en grupo para capturar presas grandes.

Habitat

Vive en África desde Camerún ata Etiopía e Madagascar, ocupando pequenas lagoas e masas de auga estacionais.

Status

IUCN: CITES :