

RODABALLO
Scophthalmus maximus
Especie característica dás nosas rías, aínda que existen varios tipos dependendo da súa procedencia:
• Gran Sol: capturado nos caladoiros ingleses e irlandeses do Atlántico Norte.
• Da Ría: mesma especie que o anterior, pero capturada nas Rías galegas, polo que son rodaballos máis frescos por ser menor o tempo transcurrido desde a súa captura e teñen unha pel moito máis brilante.
• Rodaballo do mar Negro: moi parecido ao rodaballo común, aínda que é outra especie, con manchas negras máis marcadas sobre a súa cara dorsal.
• De cultivo: A pesar de ser moi parecido ao rodaballo salvaxe, a súa pel ten unha tonalidade verdosa máis escura. Carece das protuberancias redondeadas nos lombos, características do salvaxe.
O rodaballo salvaxe, particularmente o das nosas Rías, tende a ser máis intenso e saboroso que o de cultivo porque a súa alimentación e a súa forma de nadar é máis activa. A súa carne, semigrasa, é máis branca e laminada e posúe unha finura moi particular e unha textura moi suave.
Descrición
O rodaballo é un peixe plano de corpo circular e asimétrico (ollos sobre o costado esquerdo). Pel sen escamas, pero provista de protuberancias chamadas tubérculos óseos repartidas irregularmente.
A coloración é mimética e variable. Lado cego (dereito) blanquecino e lado ocular con coloración variable, dependente da cor do fondo onde viven, xeralmente gris-pardusca con manchas máis ou menos escuras.
Pode vivir ata 15 anos. Alcanza a medir 1 m de lonxitude e un peso de 12 kg.
Alimentación
É un depredador que se alimenta de peixes pequenos, crustáceos e vermes. De adulto come peixes pequenos en exclusiva.
Hábitat
Bentónico (vive no fondo), a profundidades de ata 150 metros, con fondos planos de lodo ou area.
A distribución alcanza no Atlántico Norte, desde as costas de Islandia, Noruega e Mar Báltico ata as costas do norte de Marrocos. Menos freconte no Mediterráneo.
Status
UICN: Vulnerable (VU). A especie presenta unha alta probabilidade de convertirse en "especie en perigro de extinción"