parallax background

CAMPAMENTOS VACACIONAIS FIN DE SEMANA


AULA EDUCATIVA

QUEDADAS FIN DE SEMANA XUÑO 2018

Vigo Zoo



Quedadas Xuño

Normas de inscrición

Abrimos as listas de preinscrición para as quedadas 2018

ORGANIZA
Concello de Vigo - Concellería de Medio Ambiente.

LOCALIZACIÓN
Instalacións educativas de Vigozoo

PREZO
20 €/Quedada.

DATAS
• 02 e 03 de xuño
• 09 e 10 xuño
• 16 e 17 xuño

DESCRIPIÓN DA ACTIVIDADE
É unha actividade participativa no zoo durante a fin de semana, que se inicia o sábado ás 16:00 horas e remata o domingo ás 13:00 horas. Inclúe cea, almorzo e pernocta nas instalacions do albergue na cabana de Vigozoo. Os participantes estarán a cargo dun equipo de monitores especializado e experimentado, que ofrecerá os participantes unha gran cantidade de actividades ligadas e relacionadas a Vigozoo e, por suposto, a oportunidade única de pernoctar nunha cabana a máis de cinco metros de altura nas propias instalaciones del zoo.

HORARIO
Dende o sábado as 16:00 horas hasta o domingo as 13:00 h

PRAZAS
As prazas ofertadas son un total de 26. Reservaranse por orde de solicitude, tendo preferencia os nenos empadroados no Concello de Vigo.

DESTINATARIOS
Nenos e nenas nacidos entre el 2006 y el 2010. Con preferencia para participantes EMPADROADOS no Concello de Vigo.

PREINSCRICIÓN
Primeira Quedada: Ata o mercores 30 de Maio, ata completar prazas
Segunda Quedada: Ata o martes 5 de xunio, ata completar prazas
Terceira Quedada: Ata o martes 12 de xunio, ata completar prazas


• Deberáse realizar de forma telefónica no teléfono 986 26 77 83 de luns a venres (agásn festivos), de 10:00 a 19:00 horas. No se atenderán reservas fora destas datas nin deste horario
• A situación de admitido, excluido ou lista de espera comunicarase aos participantes.
• Envío de documentación, unha vez confirmada a praza, ó correo educacion.vigozoo@vigo.org
• A preinscrición farase por rigorosa orden de llamada e pecharase nas datas indicadas antes do inicio do campamento, agás se as prazas nos foran cubertas.

DOCUMENTACIÓN
En formato PDF lexible, enviadas a educacion.vigozoo@vigo.org

1. Volante de empadronamento.
2. Copia do DNI do participante ou copia do libro de familia.
3. Copia de la tarxeta sanitaria.
4. Ficha de inscrición debidamente cuberta*

*Pódese descargar no seguinte enlace:

Ficha de Inscrición

PAGO
Unha vez confirmada a praza

DEVOLUCIÓN
Se unha vez obtida a praza e realizado o pagamento correspondente, o/a inscrito/a non pode asistir ao campamento, soamente terá dereito á devolución da cantidade aboada no caso de que se xustifique por escrito, polo menos con 7 días de antelación ao comenzo da actividade, y haxa motivos de forza maior debidamente acreditados.



NORMAS
QUEDADAS FIN DE SEMANA

ENTRADA
Sábado ás 16:00 h.

SALIDA
Domingo ás 13:00 h.

MATERIAIS QUE HAi QUE LEVAR
• Saco de Durmir
• Bolsa de aseo (cepillo de dentes e pasta, xel, champú, cepillo pelo)
• Toalla de ducha
• Roupa cómoda (Muda completa, roupa de abrigo, chuvasqueiro, cazadora o chaqueta de abrigo)
• Calzado cómodo (dous pares)
• Chancletas de ducha
• Lanterna
• Tarxeta sanitaria
• Medicamentos indicados na ficha de inscrición
• Móbil (opcional que quedará ao cargo do monitor coordinador)

NORMAS PARA OS PAIS
• As familias non poderán visitar os seus fillos durante a súa estanza no campamento, para non interferir no desenvolvemento normal das actividades. As visitas son contraproducentes tanto para os nenos coma para os familiares.
• En caso de que algún neno teña algún contratempo, poñerémonos inmediatamente en contacto coa familia.
• Os nenos/ás non poderán levar consigo teléfonos móbiles no transcurso das actividades, polo que a organización dispoñerá dun servizo de consigna. Desta forma, só se utilizarán cando sexa necesario para contactar coas familias.
• Os nenos non deben levar reprodutores Mp3, Ipods, Psp, Nintendo DS nin ningún outro dispositivo electrónico que os distraia das súas actividades diarias. Estes aparatos illan os nenos. En caso de encontrar algún, os nosos monitores están autorizados a gardalo ata o final do campamento.
• Se algún neno ten que levar medicamentos, deberá notificalo aos responsables do campamento (non é conveniente que os teña no seu poder).
• Os participantes que utilicen lentes ou lentes de contacto levarán consigo un recambio.
• Vigozoo non se responsabiliza das perdas de obxectos persoais, diñeiro e/ou pezas de roupa que poidan producirse durante o desenvolvemento dos campamentos ou da deterioración destes. Os obxectos perdidos ou esquecidos, no caso de que fosen recuperados, estarán á súa disposición durante un mes nas oficinas da nosa entidade.
• Transcorrido o mes, se estas non foron reclamadas, serán cedidas a unha entidade benéfica.
• Os casos de falta grave de disciplina ou incumprimento das normas do campamento poñeranse en coñecemento dos familiares
• As situacións especiais do participante que requiran accións concretas sobre el/ela (en caso de existir) ou que se consideren importantes para o mellor desenvolvemento das actividades, deberán ser comunicados por escrito no momento da inscrición do participante.
• As consultas importantes que teñan os pais durante o campamento resolveranse a través do teléfono da nosa sede, a calquera hora do día.
• A colaboración dos pais é necesaria para conseguir que os nenos se adapten ben e gocen das actividades, evitando problemas que afecten á correcta organización do campamento. Os nosos monitores contan cunha ampla experiencia no trato con nenos, se vostedes mostran plena confianza no noso traballo, transmitirán á súa vez tranquilidade aos seus fillos. Seguro que é a primeira vez que moitos deles saen de casa.

NORMAS PARA OS NENOS
• Respectaremos en todo momento os nosos compañeiros e monitores.
• Respectaremos os animáis e o Medioambiente en xeral.
• Todos participaremos nas actividades programadas, salvo algún caso excepcional autorizado pola Dirección do Campamento.
• Seguridade: respectaremos os límites dos espacios prohibidos marcados polos monitores.
• Cumpriremos os horarios establecidos para actividades, comidas e descanso nocturno.
• A partir das 23:30 manterase silencio total durante a noite. Todo o mundo merece un bo descanso.
• Comprometémonos a respectar o material e facer bo uso das instalacións e dependencias do campamento.
• A ducha e o aseo son diarios e obrigatorio, no horario establecido.

Volver Campamentos vacacionais

Entradas