PRADAIRO REAL

Acer platanoides

Árbore caducifolia que pode alcanzar ata 30 m de altura, de copa ampla e redondeada. A cortiza lisa, é agrisada ou apardazada e ao envellecer escurécese e greta.
As follas son grandes, con 5 lóbulos moi agudos de bordo dentado e espazado. No outono adquiren tons avermellados e rosados. As flores masculinas e femininas dispóñense en acios curtos e péndulos e son de tons amarelados.
Os froitos van emparellados e teñen unha especie de ás (sámaras), que lle serven para dispersarse pola acción do vento no outono.

Habitat e Distribución

Orixinaria da maior parte de Europa, vive en climas húmidos e chans calcários ou silíceos. Non tolera a seca estival.

Usos e Costumes

A súa madeira dura e densa, é moi adecuada para facer pezas que teñan que resistir percusións e golpes, como ferramentas de carpintería, mangos, esquís, etc. Ten interese melífero e ornamental, e existen variedades de xardinería coa follaxe purpúrea.


Entradas