parallax background

PORRÓN DE NOVA ZELANDIA

Aythya novaeseelandiae

O porrón de Nova Zelandia ou porrón maorí é un pato mergullador de tamaño medio da familia Anatidae.

É unha especie de pato endémica de Nova Zelandia. O seu aspecto e costumes son similares ao dos porrones europeos.

En catividade poden darse casos de hibridación con Aythya ferina e Aythya nyroca.


Descrición

Miden entre 40-46 cm e o seu peso oscila entre os 550-746 gramos.

Os machos son escuros co ollo amarelo. As femias son marróns co ollo marrón e teñen un parche triangular branco no mentón.

Crían en parellas solitarias ou en grupos; os niños fanos normalmente entre as canas e están revestidos de herba e de vexetación adxacente.

¡Descobre máis especies!
Alimentación

Aliméntase principalmente de invertebrados acuáticos como gasterópodos e insectos, materia vexetal e sobre todo de macrófitas mergulladas.

Este alimento conségueo mergullándose en augas pouco profundas ou ben perseguindo aos insectos que están en superficie.

Hábitat

Viven en Nova Zelandia en dúas poboacións: norte e sur. A maioría son sedentarios, aínda que poden facer pequenos percorridos en busca de alimento.

Habita grandes e profundos lagos de auga doce e lagoas costeiras desde o nivel do mar ata os 1000 metros de altitude. É moi frecuente velo en presas e encoros.

Status

IUCN: Mínima preocupación (LC). A especie non require de medidas de protección especial, nin se aproxima a ningún dos parámetros para ser incluída nunha categoría de maior risco


Entradas